Índice
O obxectivo deste documento é informar aos usuarios da distribución Debian sobre os principais cambios na versión 12 (alcumada bookworm).
As notas da versión conteñen máis información sobre como se pode actualizar de forma segura dende a versión 11 (alcumada bullseye) á versión actual e informan aos usuarios dos posibles problemas que se sabe poden ocorrer.
Podes obter a última versión deste documento en https://www.buy-develop.eu.org/releases/bookworm/releasenotes.
Cuidado | |
---|---|
Teña en conta que é imposible amosar todos os problemas que se coñecen, polo que foi necesario facer unha selección baseándose na probabilidade de que ocorran e o seu impacto. |
Lembre que só lle damos asistencia técnica para actualizar dende a versión de Debian anterior (neste caso, actualizar dende bullseye). Se necesitas actualizar dende versións anteriores, suxerímoslle que lea as edicións anteriores das notas da versión e actualice antes a bullseye.
Probamos todos os diferentes pasos descritos neste documento para realizar a actualización e intentamos anticiparnos a todos os problemas que se poidan atopar os nosos usuarios.
De todas formas se vostede cre que atopou un fallo (información errónea ou
ausente) nesta documentación, por favor abra unha petición no sistema de seguimento de fallos sobre o paquete
release-notes
. Revise os informes de fallos anteriores en caso de que
alguén xa informara sobre o problema que atopou. Engada sen medo nova
información aos informes xa existentes se pode contribuír con contido para
este documento.
Agradecémoslle, e animámoslle a, que engada parches nas fontes do documento xunto cos informes. Pode obter máis información de como obter as fontes deste documento en Sección 1.3, « Fontes deste documento ».
Toda colaboración por parte dos usuarios relacionada coas actualizacións
dende bullseye a bookworm é benvida. Se esta disposto a
compartir información por favor abra unha petición no sistema de seguimento de fallos sobre o paquete
upgrade-reports
coas súas achegas.
Pedímoslle que comprima todos os ficheiros que engada (usando
gzip).
Por favor inclúa a seguinte información cando envíe o seu informe de actualización:
O estado da súa base de datos de paquetes antes e despois da actualización:
O estado da base de datos de dpkg
pódese obter dende /var/lib/dpkg/status
; tamén engada o
estado dos paquetes de apt
, indicado
en /var/lib/apt/extended_states
. Debería ter feito
unha copia de seguridade antes de actualizar, tal como se indica en Sección 4.1.1, « Faga copias de seguridade dos seus datos e configuracións », pero tamén pode atopar copias de seguridade de
/var/lib/dpkg/status
en
/var/backups
.
Os rexistros da sesión creados con script, tal como se indica en Sección 4.4.1, « Gravar a sesión ».
Os seus rexistros de apt
,
dispoñibles en /var/log/apt/term.log
; ou os rexistros
de aptitude, dispoñibles en
/var/log/aptitude
.
Nota | |
---|---|
Debería revisar con calma e eliminar calquera información persoal e/ou confidencial dos rexistros antes de incluílos no seu informe de fallos, posto que a información publicarase nunha base de datos pública. |
As fontes deste documento están en formato DocBook
XML. A versión HTML é
xerada con docbook-xsl
e xsltproc
. A versión en PDF xérase usando
dblatex
ou xmlroff
. As fontes das Notas de Versión atópanse
no repositorio Git do Proxecto de Documentación
Debian. Pode usar a interface na rede para acceder aos
ficheiros individuais a través da rede e ver os seus cambios. Para máis
información sobre como acceder a Git consulte as páxinas de información sobre SCV do Proxecto de
Documentación Debian.